Perdim-me entre as brêtemas do coraçom e as árvores da razom...

20 de xuño do 36

20 de xuño do 36

Canso, despois dun largo día de interminábeis horas cos seus respectivos minutos e segundos, cheguei a casa. A comida esperábame na mesa, recen feita. Un bo filete de tenreira con patacas fritidas. Acendín a radio, e puxen as noticias. Algo pasaba por todo o país...

Acabei de xantar o máis rápido que puiden, sentado, esperei a que pasase o tempo e as agullas do reloxo da parede marcaran as catro da tarde. Levanteime a modo, o frío freaba o meu avance suplicándome que volvera o vello sofá, para acurrucarme. Finalmente decidinme. Collín a chaqueta de pana e fitei parado diante do espello da entrada, observándome fixamente. Levaba os pelo sen peitear, a barba de catro días e unhas olleiras negras o redor dos meus cansados ollos castaños, decateime de que a miña estrela vermella, colocada na solapa estaba torta, coloqueina dereita e saín pola porta como se esperara a que algo fose suceder...

Baixei as escaleiras e cheguei ata a rúa, o frío caloume e tiven que pechar a chaqueta, estaba chovendo aínda sendo pleno cuño, como sempre o fai na miña terra, pois polas súas augas e bosques somos tan coñecidos como polos nosos escritores e poetas. Cubríndome nos balcóns das casas puiden chegar ata o paseo que discorría paralelo o río, alí estaba o noso bar.
Crucei a porta empapado pola chuvia e pedín o de sempre. Na parte de atrás habías unhas mesas onde solíamos reunirnos os amigos.

Non estaban todos, senteime o cabo de Dimas, e collín uns naipes que estaban nunha pequena mesa redonda. Marco, o camareiro do bar, tróuxome o meu café con leite en vaso ancho e con tres pequenos anacos de azucre... comecei a repartir, dez cartas a cada un... unha boa partida de subasta...

Como cada tarde, despois dun largo día, o que mellor me sentaba era estar cos meus amigos, meus camaradas, meus irmáns. Tomarme un cafeciño quente mentres xogábamos unhas cartas, unha partida de xadrez e ver pasar as horas como se fosen suspiros perdidos no vento mentres charlabamos de política, fútbol, mulleres e outros temas...
Pero aquela chuviosa tarde de xuño non era como as demais... Anque todos intentábamos disimular a nosa preocupación, a tensión notábase no ambiente. As risas, comúns ente nos, case tanto como as bromas, estaban silenciadas por unha escura nube gris que cubría todo canto podíamos ver e sentir.

A porta do bar abriuse bruscamente, un aire frío como un coitelo de xeo cravóuseme no peito. Eran dous gardas civís, dúas figuras que emitían unha aureola de opresión cubertas con sendas capas sombrías e eses tricornios negros, non fixo falta palabra algunha. Os catro nos levantamos lentamente como se dunha procesión de defuntos se tratara e os acompañamos...
Recordo a chuvia sobre os meus ombros... as nubes grises presaxiaban algo... durante un instante, alí de pé de costas a estrada, xunto cós meus tres mellores amigos esperaba a que sucedera o inevitábel. Entón puiden vela claramente, seu pelo moreno ondeando como se unha brizna de vento xogueteara con el, os seus verdes ollos, brilantes como un espello e profundos coma o mar, seu delgado corpo e un precioso sorriso... Era ela, coñecía ben... unha solitaria raiola de luz ilumínome colándose entre o entramado gris que cubría a miña comarca aquel día.
Meu corazón escribiu palabras que a miña voz apenas puido susurrar ao vento. “Pueden cortar las flores, pero jamás acabaran con la primavera”. Pechei os ollos e vin como a miña mensaxe era levada polo vento, percorría as verdes terras que me viron nacer e servía como alimento dunha semente que non tardaría en xerminar.

De min so quedou o recordo dos que me querían e apreciaban é unhas palabras en castelán que escribira nun vello libro de Marx: “Dicen que persigo un sueño imposible, pero lo quiero intentar, prefiero luchar por un sueño, que vivir para nada”. Despois todo foi escuridade e silencio, escuridade e silencio...

7 comentarios:

Marta Vazquez dijo...

Sin duda ninguna un gran relato. Felicidades!!

Me encanta la forma de abordar el tema de la represión y el asesinato que llevó a cabo el bando nacional durante más de veinte años en España.

Suerte y sigue escribiendo!

Adrian Castro dijo...

Creo que este relato es, no sólo una buena idea, sino un cachito de nuestra historia. Se podría decir que eres un romántico Luis. jeje. Sigue escribiendo y muchísima suerte.

Miguel Angel Lopez dijo...

Gustame moito a temática deste relato. Paréceme que deberíaslle sacar máis desa idea tan boa. Un saúdo compañeiro.

Natalia dijo...

Está muy bien. En serio sigue escribiendo.

Anónimo dijo...

Esta muy bien, sigue escribiendo.

Anónimo dijo...

Non está nada mal compañeiro.

AntonioIglesias dijo...

Un relato muy bueno, con un toque romántico y un final amargo. Si tengo que definirlo en una palabra diría que es Realista.

Salúd y República!