Perdim-me entre as brêtemas do coraçom e as árvores da razom...

A nena dos ollos tristes


[Foto de Xanela, retais da nada]


Era unha mañá fría de outubro, camiñaba de volta a casa, chovía, chovía como chove na miña terra. Facía frío, moito frío, esperábanos un inverno longo e duro.

Eu ía pensando nas miñas cousas cando apareceu o xirar a esquina unha silueta coñecida.... era ela, sí ela, cruzábamonos amiudo pero esta vez íamos no mesmo sentido. Nin sequera sabía o seu nome, pero aínda así coñecía cada recuncho dos seus negros ollos.

De súpeto unha tristeza amarga recorreu o meu corpo, estaba triste, o día era gris, pero a súa tonalidade era máis escura, case negra. Camiñaba coa cabeza baixa, escudriñando cada centímetro da veira rúa, descubrindo formas máxicas entre as súas pedras. Levaba o pelo enredado por culpa do vento e a agua da chuvia escurríalle ata a chaqueta , de cor verde.

Levaba como dez minutos ollando para ela cando chegamos a un cruce, fiquei parado o seu carón, pola cabeza pasábame de todo, xa foran moitos días de cruzar miradas complices, e agora que estabas os dous, baixo a chuvia, sós, cada un ollaba nunha dirección.

--- Ola!. --- Non sabía de onde sacara o valor para falar. A súa contestación descolocoume aínda máis, as rapazas nunca se me deran ben, e non me esparaba algo así. Ela sorriume e volveu perder a mirada no orizonte gris.
--- Eeesto, gustaríache..... tooomar un café, digo porque como chove moito e fai frío pois podemos agardar a que pare o quente, se queres?--- Unha vez máis a súa resposta deixoume helado, sacou a man do bolsillo, agarroume do brazo e levoume ata unha cafetería que ela coñecía....

Fora seguía chovendo, pero ao outro lado da fiestra, coas mans quentes sobre unha cunca de café con leite, falando de calquera cousa estábase moi ben. Ela era preciosa e eu un parvo por non haberme dado conta antes. O resto do inverno paseino entre as clases e unha cita ineludibel para tomar café cada tarde, cando sentada ao carón da fonte agardabas a que chegara.

Así entrou na miña vida unha rapaciña tímida e triste, unha rapaziña interesante e misteriosa que có tempo se convertiría nunha amiga, e en algo máis. E agora que cada día estou máis lonxe, agora que camiño sen lar, agora que busco un futuro que non sei se quero, volvo atrás, e lembro que para min sempre serás aquela nena dos ollos tristes, camiñando baixo a chuvia nun día gris...

8 comentarios:

* AlOnDrA * dijo...

Hey! Que escrito tan mmm sintiente, debo decir que me costo leerlo ("hablo español, nada de otros idiomas y todo del amor"), pero me gusto; eres un vividor del amor, de los sentimientos, de los sueños y eso me agrada...

Cuidate Luis...

Besos!

Anónimo dijo...

Me gustaría haber sido esa chica gris...

Maria dijo...

Sigo agardando por ese poema prometido.

A do outro lado da xanela dijo...

Buuuuf!!!!

Sen palabras!!!
Négome a crer que esta marabilla fose inspirada nunha foto miña, non é posible.

Sei que foi un mero accesorio.

Mil grazas, de todo corazón. Mil grazas por regalarme algo tan fermoso.

Bico!

Tuñón dijo...

luis as tes a todas locas.

alguna miseria te dejo aqui:

www.tolemiasdalucidez.blogspot.com

A do outro lado da xanela dijo...

Mandeiche un mail, non sei se o recibiches...

Hada del lago dijo...

Me ha gustado el texto! :)

Un besiño!

Anónimo dijo...

A rapaza é mona, en canto ao texto decir que non está nada mal, expresa moito sentimento.