Perdim-me entre as brêtemas do coraçom e as árvores da razom...

Galiza, planteamento teórico

Bem, aquí deixo un texto que fai tempo me pediron certos axentes reformistas que se cruzaron no meu caminho e cos que penso discutir moito do tema. Agardo a corrección ortográfica de Adriao e os matices ideolóxicos dun Macias ebrio de licor café.

No suposto hipotético dunha Galiza independente, sexa cal sexa o caminho seguido para chegar ata a súa suposta independencia, o seu sistema de goberno deberá, por forza, ser republicano. A coroa do reino da Galiza atópase nas mesma linha sucesoria que as coroas de Castela, Aragón… polo tanto, unha Galiza baixo a mesma coroa que o resto do estado espanhol non podería acadar unha independencia total; é dicir, Galiza deberá manter un goberno republicano para non ter que servir a un monarca extranxeiro.

En canto a organización política, tema relevante desde texto, haberá de ser por lóxica de carácter socialista. Por varios motivos:

Por un lado a sociedade galega é, en xeral con respeito a outros grupos sociais de estados desemvolvidos, pobre. As industrias que cotizan impostos, o cal é diferente a que se atopen sobre territorio nacional (enténdase Galiza) son escasas se as comparamos con outras nacións do actual estado espanhol como Catalunya ou Euskadi. As infraestructuras tanto sociais como comerciais, autopistas, portos, encoros, aeroportos, etc, tamén son escasos, non contan con suficiente ornamento ou están construidos sen moito acerto. Por caso, Galiza, conta con tres aeroportos cos seus gastos de mantemento é construcción, cando pola densidade de pasaxeiros e vós, un aeroporto central bem comunicado en Santiago de Compostela era máis que suficiente. Apostar por infraestructuras públicas e servizos baratos e non contaminantes, dentro do posibel, debe ser un dogma do goberno revolucionario. Pero esto é outro tema…

A inversión estatal en medios sociais e económicos que permitan aos galegos é galegas vivir e traballar na súa terra debe ser unha prioridade. Para isto, o goberno deberá socializar e nacionalizar, dependendo do caso, terras e industrias, asim como construir e mellorar as citadas e outras infraestructuras. Defender as industrias que xa estén na Galiza e fomentar a creación de outras novas, pero sobre todo defender aos galegos, aos traballadores. A estas medidas adoitaselles chamar sistemas socialista ou planificación estatal da economía.

Dita planificación da economía, tan en desuso na actualidade, non ten porque ser exclusiva, podendo perfectamente convivir con certo libre mercado que fomente a iniciativa privada entre o capital galego dentro do territorio nacional. A experienza deixounos como certo que é preciso certa iniciativa individual ou se o preferides “privada” para fomentar un maior crecemento, co seu consecuente progreso económico.

É moi importante que a calidade media de vida da sociedade galega non baixe en demasía, fomentando unha redistribución do capital que aumente o poder adquisitivo das clases populares, evitando asim posibels emigracións a outras zonas, cousa que actualmente sole ocorrer entre os mozos galegos que vense obrigados a traballar fora da súa terra.

Por outro lado, se Galiza como estado independente e soberano non adoita unha política económica socialista, a súa independencia non chegará a ser real. Aínda que se celebre o día da patria e se cante o himno, aínda que o DNI non ponha España, aínda que os cores da bandeira sexan diferentes o pobo seguirá esclavizado polo mesmo capital. Un capital procedente de empresarios e organizacións alleas, ou por empresarios galegos que estean dispostos a deixar o seu fogar por mellorar os beneficios.

Por todo isto, as vangardas socialistas galegas, se é que existen, deberan ter claro que a independencia sen socialismo non é posibel, posto que unha patria “soberana” baixo as mesmas leis caóticas do capital e baixo o poder dunha minoróa oligárquica estranxeira non poderá ser libre nin acadar a autarquía, dentro do actualmente posibel no século XXI, dependendo das decisións de outros e o que é máis grava do capital deses homes e mulleres que non buscan mellorar a calidade de vida da Galiza senon as súas propias. Mudar a bandeira non é mudar de patrón.

Entón, debese apoiar aos movementos burgueses nacionalistas? sí, debese e é convinte porque é práctico. Pero sempre tendo claro que o final do caminho non é a independencia burguesa, senon o socialismo, é dicir, a independencia da nosa nación pode ser unha ferramenta útil ou incluso necesaria na construcción do socialismo, sempre que este non se poda construir baixo un marco maior (Estado Espanhol ou incluso Confederación Ibérica)

Que nos gobernen dende Santiago non é garantía de que o goberno sexa máis xusto e mellor para nós que o de Madrid. De feito na actual monarquía parlamentaria que goberna o estado espanhol, o sistema autonómico, a efectos práticos, claro, case ten transferidas todas as competencias de xestión e goberno as diferentes autonomías según os seus respeitivos estatutos. O que quero dicir é que aínda que algunhas cousas venhan de Madrid a maioría das decisións políticas son tomadas polo parlamento galego. A independecia pode ser un caminho pero nunca un fin. A historia ensinounos como por exemplo en Irlanda tras a revolución burguesa, o propio goberno provisional irlandés coa axuda económica e militar inglesa loitou ata acabar coa revolución proletaria que antes había logrado expulsar aos inglesas conseguíndo a independencia. Non podemos deixar que nos enganen.

A loita, entón, non é por unha Galiza independente, senon por unha Galiza socialista e livre para tomar as súas decisións de forma democrática. O importante e loitar por mellorar o futuro, non importa o cor da bandeira, os que importan son os cidadans e a terra onde viven, por moito que algúns se empenhen en cravarlle un trapinho cheo de escudos e cores con certo significado poético ou incluso histórico.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Oh capitán, mi capitán!!

Anárion dijo...

A verdade esta moi interesante saber como se poderia facer para que Galiza fose independente. Ainda que de todos xeitos eu vexo dificil levar esa teoría a práctica. A min non me interesan demasiado os temas politicos porque se me fan moi aburridos, sen embargo este tema tal como esta exposto e quizais sobretodo pola temática tratada despertou o meu interese. En resumo un texto do mais interesante.

Coidate e vemonos por clases ^^

Cidadán do mundo dijo...

Deberíase loitar pola unidade dos pobos baixo un sistema federal, non polo separatismo chauvinista burgués.

Anónimo dijo...

Podría comentarte punto por punto el texto, pero no me apetece. Sólo decirte que tienes que comenzar a escribir en función del mundo real, y también dejar de escribir falacias. Partes de un contexto imaginario, sacando conclusiones por tanto erróneas. Era casi mejor que describieses el proceso de independencia de galicia, en el que al menos te basarías en la galicia actual, y no en lo que deseas que sea.

A do outro lado da xanela dijo...

Loitar polo futuro...

mimá!!! non nos queda nada!!!

Saúde e república!!


PD - Pois vale, eu tamén ando desbordada esta tempada... cando teña algo "definitivo" e "presentable" mándocho ao correo, de acordo?

Bico!

Anónimo dijo...

Teorizar sobre el futuro está bien, pero sin una serie de acciones prácticas encuadradas en la actualidad no sirve de gran cosa.

Por cierto, a pesar de estar en gallego no me ha costado mucho leerlo y entenderlo, claro.

A l o n d r a . . . dijo...

.

Hola...

Al igual que el anónimo anterior (me parecio un tanto antipatico) no se me hace dificil enteder tus escritos en ese mmmm idioma tan interesante. Aunque debo decirte que los prefiero en español, me cuesto mucho menos leerte e introducirme en ellos...

Saludos Luis, espero que sus días esten marchando bien...

Besos...

.

Anónimo dijo...

Mientras no os conformeis hay esperanza. Seguid así chicos!!!

A l o n d r a . . . dijo...

.

Hola...

Wow, así que topaste con uno de estos personajes, pues bien mi estimado Luis, espero que le halla ido mejor que a mi...

Saludos y cariños...

.