Perdim-me entre as brêtemas do coraçom e as árvores da razom...

Recordo

(Foto realizada por mí, en la antigua carballeira de detrás de la casa de mis abuelos)

Recordo aquelas caminatas en soidade por aqueles caminhos de terra, estreitos e nada rectos. Caminhaba baixo a sombra dos altos carballos en silencio. Os perfumes verdes e frescos chegaban có vento…

Aqueles caminhos da infancia. Cheos de soños e pedras coas que caer. Aqueles muros de pedra onde pousar a espalda e recuperar alento. Aqueles regatos de auga fresca coa que saciar a sede. Aquelas froitas maduras e salvaxes coas que alonxar a fame.

Recordo aquelas tardes de xogos. Aqueles cabarllos altos…

Recordo o verde profundo. A soidade do bosque. A calma e a quietude. A falta de problemas, de preocupacións. A paz que trasmitía aquel lugar sagrado.

Recordo. Recordo aquel lar. Recordo aínda que xa non está. Aínda que desapareceu baixo un mar de asfalto. Recordo…


Nota: Emprego a palabra "recordo" en vez de lembro por ser a que emprega a minha aboa, e a que emprego eu, aínda que non sexa normativa.

6 comentarios:

AntonioIglesias dijo...

La foto te ha quedado bien, una pena que no la pongas en color para ver ese verde del que hablas.

Es una desgracia colectiva, y más en Galicia, que el "Progreso" no respete a la naturaleza.

Hada del lago dijo...

¡La foto es preciosa!

Es una pena, que ese bosque por el que tanto has paseado, en el que te has perdido ahora sea tan solo un recuerdo.

Un beso! ;)

A do outro lado da xanela dijo...

Semelantes os recordos que temos os que quixeramos ás veces, voltar atrás no tempo.

Fermosísima foto.

Un bico

Anárion dijo...

Bueno decir que o teu texto me trouxo recordos da miña propia infancia xa que eu crieime nun pobo e por ali hai carballeiras e todo iso que describes. Unha pena si que xa non exista esa carballeira na que pasabas aqueles tempos. Pero como ben dixo antonio iglesias, o progreso non respeta a natureza e este tipo de zonas van sendo cada vez menos. Sen máis que engadir, ¡ata que nos vexamos!

Anónimo dijo...

A foto está moi chula. Pero en verde igual quedaba mellor.

Un saludo meu.

Carlos.

Lim dijo...

Es mas que una desgracia,es un horror,nos roban hasta los recuerdos,manipulan hasta nuestra mente,injertandonos cemento y alquitran,que poco cuesta la vida.Saludos.