Perdim-me entre as brêtemas do coraçom e as árvores da razom...

O Problema Nacional Galego

Dado o escaso nivel de comprensión en que se atopa o tema e, a falta de debate sobre unha cuestión capital en política como é a cuestión nacional, considero necesario realizar esta sinxela reflexión que abrangue dous puntos: o orixe e fundamento da nacionalidade galega e os elementos que, dende un criterio marxista, configuran a Galiza como unha nación.

¿É Galiza unha nación?

Considero indudabel que Galiza é hoxe unha nación porque constitúe unha comunidade humán estabel que se ten formado no transcurso da Historia. Mantendo como base unha lingua, un territorio e unha sicoloxía propia que permiten a existencia dunha vida cultural e económica particular. Pódese considerar que a rexión xeográfica que constitúe o territorio galego é un dos territorios máis diferenciados do conxunto peninsular.

O pobo galego, coma tódolos pobos, ten un xeito de ser e de se manifestar particular, o que se pode calificar como espritu nacional. Dito carater identitario está profundamente influído pola xeografía, a cultura, o atraso económico, o factor da emigración, as costumes e tradicións, e as condicións de opresión social e nacional que padeceu e padece o pobo galego.

En consecuencia, se se fala de Galiza coma nacionalidade, faise por convencinalismo; se se fala de rexión, fora do conceito xeográfico ou económico, estarase a cometer unha inesactitude. Denominar a Galiza coma unha nación oprimida, sem direitos, dentro do estado espanhol multinacional, é o que corresponde a nossa realidade.

Características do problema nacional galego

Un problema nacional derívase, é consecuencia do feito de que existindo unha nacionalidade ou nación, sofre opresión nacional, é dicir, carece dos direitos que por natureza, por definición, lle corresponden ou os ten limitados, cercenados polo Estado do que forma parte. Este é o caso da Galiza. Porque se unha nación é unha realidade, debe poder elexir a súa sorte, tér direito á súa autodeterminación.

Este direito supón dispór libremente dos destiños nacionais, é dicir, poder elexir libremente o futuro do pobo, mesmo o de arredarse do Estado do que vinha formando parte, manterse independente ou xunguirse a outro Estado. O direito de autodeterminación pode, se se considera oportuno e se decide asim, exercitarse decidindo manterse dentro do mesmo Esatdo en que a nación vinha participando si se respeitan e garantizan os seus direitos. Dita decisión non elimina a posibilidade de que a posteriori, se a vontade nacional varía de parecer, este pobo se afaste de dito Estado.

Considero que a base ouxectiva do problema nacional galego atópase na contradicción que existe na diversidade nacional do Estado espanhol e o feito de que non se tenha en conta esta diversidade. Débense garantir os dereitos de autodeterminación da Galiza, de Euskadi e máis Catalunya, xunto con todas aquelas comunidades ou grupos sociais que cumpran requisistos para se constituir como una realidade nacional, avandonando a opresión histórica que sufren os territorios aderidos a Castela e mudando a obriga de pertencer a un estado por unha decisión popular e democrática.

Antes de proseguir compre aclarar que entre o direito de autodeterminación e a autonomía existe unha diferencia sustancial.

A autonomía, asegún a etimoloxía da palabra nas nossas linguas, é a facultade dunha provincia, dunha rexión ou unha nacionalidae de se gobernar por leis própias. Pero non supón a capacidade de decisión democrática nin a posibilidade de se afastar ou se independizar do poder Estatal.

Na Galiza, a contradicción entre o proletariado e o campesinhado como contraposición a burguesía é, coma no resto do Estado espanhol, a fundamental. A necesidade de resolvela, leva implícito rematar có sistema de explotación capitalista mediante a revolución a nivel nacional ou a nivel xeral do Estado espanhol. Máis dita contradicción non exclue outras xa mencionadas como as existentes entre o estado “centralista” e burocrático da oligarquía capitalista que si bem si que divide a capacidade lexistaltiva e de goberno, non permite que esta autonomía sexa real, pois o emprego dos recursos materiais e humáns asím como o capital están fortemente controlados.

Polo tanto, a cuestión nacional non só ten unha dimensión política senon que tamén adoita unha serie de implicación económicas e sociais que durante anos, por non dicir séculos, foron discriminando e expoliando ao pobo galego. Debemos ter en conta que non soamente dita explotación probén da oligarquía estranxeira senon que na Galiza cóntase con una pequena oligarquía composta por nobres, empresarios e banqueiros que se ocuapan de manter un réxime feudal (caciquismo) axudando, coa súa apropiación do poder político e económico, a explotación estranxeira. A diferencia é moi clara en comparación con Catalunya ou Euskadi onde dita burguesía ten unha tradición nacional moito máis ampla, destacando o catalanismo posto cá vontade nacional vasca depende moito máis da relixión e do pobo que do capital.

Por todo isto no problema nacional galego atópanse implicados outros tres grandes problemas que son derivados dél: o político, o económico e mais o cultural.

A vertene económica


Galiza, como rexión xeográfico económica é, diante todo, esportadora de man de obra (non calificada, calificada e moi calificada), de minerais (ferro, estaño, wolfranio...) e de outras materias primas coma a madeira; de gando, carne, leite, pesca, productos agrícolas e outro productos derivados do sector primario; asím como de enerxía eléctrica. E, ao mesmo tempo, compradora da maioría dos productos industriais dos que tén necesidade.

A situación da Galiza é a dunha zona atrasada que, con relación ó nivel medio de Espanha, atópase subdesenrolada en pleno século XXI.

Ser esportadora de man de obra, de productos agropecuarios e de materias primas, e importadora de productos manufacturados, coa diferencia de prezos conseguinte, representa, a necesidade de satisfacer o costoso tributo as clases dominantes das zonas máis industrializadas.

Esta situación, permite que a ologarquía espanhola exerza no país unha esplotación da súa poboación e un espolio das súas riquezas semellante as que os estados imperialistas exercían sobre as colonias de ultramar.

Tampouco debemos esquecer que, a semellanza do que ocorre nas colonias económicas dos grandes imperios, na esplotación galega participa a nossa particular oligarquía feudal. Sendo un dos nossos problemas endémicos e particulares.

Existen dous exemplos moi claros do espolio do estado central. O primeiro e a exportación de enerxía. Durante o franquismo construíronse, coa oposición dos campesinhos, gandeiros e cidadans afectados, unha serie de encoros que destruiron a maior parte das zonas máis productivas das riveiras galegas, obrigaron a emigración dunha grande cantidade de persoas e acabaron coa industria e coas explotación agricolas e gandeiras a nivel local. A cambio da destrucción deses ecosistemas productivos os galegos non recibiron nada. Nin unha rebaixa dos impostos sobre o consumo eléctrico, nin unha mellora das súas situación individuais ou colectivas.

Na actualidade Galiza segue a producir e exportar enerxía sen recibir nada a cambio, máis un novo expolio a poboación estase a cometer neste intre. Os montes énchense de molinos eólicos e paneis solares coa intención de producir máis enerxía limpa. Non estou contra ó emprego de enerxías renovabels, máis sim con que os galegos sigan sen se beneficiar dun recurso que se produce a súa costa. Uns poucos empresarios acumulan enormes subvencións mentres rouban monte común e terras de campesinhos e gandeiros para enriquecerse iluminando as casas dos madrilenhos mentres os nossos xóvenes vense obrigados a emigrar fora da Galiza para acadar un traballo que non chega a mileurista.

O outro exemplo e o caso das caixas. Galiza é históricamente unha zona onde existe un alto grado de aforro. O fenómeno de absorción do aforro para ser transformado fora da Galiza nunha zona industrializada non é exclusivo da nossa terra. E característico de tódalas zonas depremidas e subdesenroladas, tanto dentro coma fora do Estado espanhol.

Poderíamos considerar a Galiza como a eterna olvidada. A industrialización nunca chegou a se realizar mentres se permitía que as poucas industrias tradicionais se hundisen pola falta de capital e polo acoso fiscal ou lexislativo.

A emigración forzada dos galegos cara outras zonas do Estado ou cara outros estados é outro problema da nossa sociedade. Nun primeiro momento esta emigración consistía en traballadores non calificados máis na actualidade sucede que os traballadores máis calificados da nossa terra tenhen que emigrar cara outras zonas para poder exercer o seu traballo. Recalcar que os galegos forman unha maioría do funcionariado do Estado. O problema da emigración non só é un problema social senon que afecta a economía posto que os custos de formación son sufragados na Galiza mentres que a cotización destes traballadores realízase noutras zonas.

A vertente política

A lexislación centralista, que tanto mal nos percura, asím como outras manifestacións de opresión e expolio que a Galiza lle fan, son parte da vertente políitica do seu problema nacional.

É unha realidade que as leis saídas das cortes e mais os decretos do Goberno dictatorial constituiron e constituen un atentado contra dos intereses do pobo galego.

Poderíasenos decir que esas leis e decretos van contra da clase obreira, das masas traballadoras e mais os pobos, tanto do conxunto de Espanha como das chamadas nacionalidades. E certo, responden, en xeral, ao interés dogrande capital (o 80% do pib do estado está baixo o control de 1400 cidadáns), da oligarquía monopolista da que a dictadura é espresión.

A toma de decisións que afectan a Galiza dende outras rexiós xeograficas coma Madrid son un ataque ao autogoberno e máis a capacidade dun pobo de elexir democráticamente as súas leis e a súa vida.

O máis importante dos factores, coma antecedente da nossa situación, do nosso atraso, é a non realización no Estado Espanhol da revolución democrática nos anos setenta, nesa situación foi e aínda é capital tamén que os centros fondamentais de decisión sobre os problemas da Galiza nunca se atoparan na Galiza, e cando así se atopaban, non estaban en mans do pobo.

Máis, Galiza, ao contrario que outras nacións oprimidas como Euskadi ou Catalunya, mantén un conflicto político maior.

Mentres que estas rexións mantinhan unha clase media ou incluso alta con sentimentos nacionais, apoiados por intelectuais, permitindo unha loita ou presión da “burguesía provincial” sobre a “burguesía da capital” na Galiza os movementos sempre partían, coa excepción do apoio duns poucos intelectuais e empresarios , das bases campesinhas e obreiras, polo tanto, os movemetos nacionalistas na Galiza eran de carácter social.

Os probres sempre foron máis perigosos que os ricos, posto que entre ricos todo é negociabel. Por isso a represión e a opresión na Galiza foi moito máis dura que en outras zonas (Provincialismo).

Na actualidade a inexistencia de partidos ou organizacións políticos de caracter burgués que defendan os dereitos nacionais galegos pode ser considerado consecuencia do anterior e un problema para lograr o reconhecemento coma nación. Máis o problema non é só a inexistencia destas forzas, equivalentes ao PNV ou a CIU, senon a inexistencia dun colectivo da sociedad ao que poidan representar.

O nacionalismo galego é polo tanto diferente a calquer nacionalismo da península, inclusive ao espanhol, pois é un nacionalismo do pobo, un nacionalismo ligado a ideoloxía e as loitas obreiras e campesinhas.

A delegación das cuestións nacionais para os marxistas a un segundo plano, asím como a incapacidade dunha esqueda divida de afrontar dunha forma seria e teórica a importacia da cuestión nacional separaron as organizacións políticas e o que é peor, permitiron que aínda que na Galiza existe un forte sentimento indentitario, non se constituíra un movemento político que convertera dito sentimento en vontade nacional.

A vertene cultural

Como xa espuxen, a nación galega posúe unha cultura propia. Ten a súa lingua, a súa literatura, o seu folklore, a súa arte, música, pintura, arquitectura... A través desta cultara, o pobo galego expresa a súa forma de ser, a súa esencia.

A cultura galega posúe similares raíces ás das demais culturas da península e as culturas das chamadas “nacións celtas” as que está estreitamente vencellada. Ao mesmo tempo ten carácteres peculiares, diferentes, propios da súa evolución histórica en solitario.

Tanto aqueles conceitos propios como aqueles vinculados a outras culturas vecinhas responden a causas xeográficas, económicas, políticas, ideolóxicas e sociais e, polo tanto, son o resultado dun proceso que se sitúa na Historia dende a colonización grecofencia ata o último decreto sobre a lingua galega redactado polo Parlamento Galego.

Podería falar, neste apartado, sobre os inicios da cultura galega, sobre os castexos, sobre o reino de esplendor na idade media, cando a lingua galega (galego-portuguesa) era lingua de cultura a nivel europeo, podería falar da pérdida do reino galego, da represión da cultura, dos irmandinhos, da burguesía castellana, dos séculos escuros, dos intelectuais que defenderon a lingua dos probres, da emigración masiva, dos nossos fusilados en Carral e do Batallón Literario que defendeu Compostela do exército espanhol.

Podería falar do proxecto constitucional para Galiza do movemento cantonalista. Da Irmandade da Fala e do grupo Nós. Dos vellos da aldea e do “queixo do páis”, da defensa da II República e dos galeguistas. Da dictadura e do que dita dictadura supuxo para a cultura galega, perseguida, deslexitimada, do portugués coma dialecto do castelán...

Podería falar da descriminación do galego no ensino, na administración. Podería falar da incultura xeral que se ten en Espanha sobre a cultura das colinas.

Máis sobre todos estes temas hai milleiros de linhas escritas. Considero que, como simplificación da vertente cultural, a defensa da cultura galega en todo o intervalo que ésta abarca supón a defensa da Galiza en si mesma.

Non se pode separar a cultura da vida dos cidadáns e calquer ataque a cultura é un ataque a unha parte da esencia de cada cidadán.

A lingua galega, principal fundamento da nossa cultura, constitúese como a lingua dos probres, dos oprimidos, dos marxinados e, polo tanto, forma parte da bandeira revolucionaria que calquer organización política de esquerdas pretenda asentar na Galiza.

Quen ataca a lingua galega non só ataca un idioma de cultura cunha historia longa que se perde no tempo da Historia, senon que ataca a un pobo e un sentimento identitario propio dun lugar.

Quen loita contra o galego, loita contra os galegos, pois non se pode separar terra, lingua e ser.

A defensa da lingua é a defensa da patria. E a defensa da patria galega é a defensa do probre, a defensa do probe é a defensa do ideal.

Para rematar


Urxe unha definición fonda e precisa da nossa cuestión nacional, definición que terá que vir do concurso dos distintos xeitos de encararse a realidade do país galego, dos distintos matices ideolóxicos das diferentes formacións políticas.

Considero indudabel a relevancia da cuestión nacional galega dentro de calquer programa político enmarcado dentro do territorio xeográfico da Galiza, asím como a necesidade de que todos estes supostos se tenhan en conta dentro das diferentes observacións e estudos de política aplicada dende unha óptica marxista.

0 comentarios: