Perdim-me entre as brêtemas do coraçom e as árvores da razom...

Esquerda e Dereita

Cando non hai democracia o colectivo social con maior peso económico ten como resultado maior poder político, eso é a Dereita.

Os cidadans que, convertidos pola propagranda política, relixiosa, económica ou social; apoian ou lexitiman coa súa inacción a dito colectivo non constitúen por si mesmos parte da Dereita, senon que son un producto da derrota da Esquerda ou da tendencia histórica do momento presente.

Aqueles cidadans que entregan tempo de traballo gratuito en pro do bem común constitúen o que denominamoes Esquerda.

Tendo os conceptos claros é indudabel que os intereses de todos non son compatibeis cos intereses dunha minoría autoritaria que só busca o seu propio bem, isto da como resultado que Esquerda e Dereita sexan antagónicas sempre e cando non haxa democracia, entendida como a liberdade, a igualdade e a fraternidade social, política, económica e persoal.

 Aprendendo de Xosé Manuel Beiras.

0 comentarios: